Outro Feijóo é posible

logo-tempos-exclusivo Outro Feijóo é posible

Reforzado polos resultados electorais, Rueda encara a construción da Galicia Conservadora da próxima década. O tempo da Post-Autonomía conservadora, da política despolitizada, do autogoberno destilado como xestión administrativa, e de Galicia como unha sociedade mansa na que o conflito estea expresamente desterrado nos medios. A Coalición Inmobilista traza o horizonte de 2034. Outro Feijóo é posible.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
A pantasma de ETA non asusta en Euskadi

logo-tempos-exclusivo A pantasma de ETA non asusta en Euskadi

Os resultados das eleccións vascas deixan un parlamento conformado por un 72% de deputados nacionalistas, cun incremento relevante de actas para EHBildu que ameaza a primacía política do nacionalismo centrista do PNV en beneficio do esquerdista. O centro-esquerda estatal queda reducido á condición de acólito necesario para formar goberno e a dereita española non pinta nada. E non son estas as únicas conclusións que se poden tirar da xornada electoral.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
Manuel Loff, historiador portugués. Medio século da Revolução dos Cravos

logo-tempos-exclusivo Manuel Loff, historiador portugués. Medio século da Revolução dos Cravos

As dereitas impuxéronse nas eleccións portuguesas cunha ultradereita en ascenso. Unha viraxe á dereita entre a incerteza e a disputa sobre a memoria do 25 de abril xusto no ano do 50 aniversario da Revolução dos Cravos. Conversamos co historiador Manuel Loff, bo coñecedor das ditaduras portuguesa e española e da política portuguesa polos seus anos como deputado da CDU.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
Intelixencia Artificial fiable: moda ou necesidade?

Intelixencia Artificial fiable: moda ou necesidade?

A Intelixencia Artificial vai revolucionar o mundo, creando e incorporando sistemas intelixentes no noso día a día. Unha ferramenta que fascina, pero con riscos que desacougan. Os escenarios que se propoñen parecen debuxar un futuro distópico dominado por máquinas e algoritmos. A pregunta é pertinente: unha IA superintelixente é quen de representar unha ameaza contra a especie humana, ou trátase tan só dunha nova revolución tecnolóxica?

Pasaxes do corpo

Pasaxes do corpo

O desenvolvemento deste programa antropolóxico neoliberal responde a intereses económicos e plans políticos no cadro de produción capitalista. A proposta de superación dos límites e contorno físico do humano, que busca ir máis alá da configuración actual do individuo, confunde o tecnicamente posible co eticamente desexable.

O deseño, fío para contar a historia de Galicia

O deseño, fío para contar a historia de Galicia

O deseño, a concepción da forma, di moito de Galicia e da mudanza da imaxe de si mesma durante a súa historia. “Galicia. Procesos e formas” levou a Matosinhos, Portugal, un percorrido pola nosa historia e pola nosa arte, que se ten convertido nun elemento clave do noso desenvolvemento nas últimas décadas.

E digo eu… en abril

E digo eu… en abril

As eleccións galegas abriron unha serie de contendas electorais que teñen a súa próxima parada en Euskadi neste mes de abril. Eis algunhas notas sobre as expectativas que se abren.