Intelixencia Artificial fiable: moda ou necesidade?

Intelixencia Artificial fiable: moda ou necesidade?

A Intelixencia Artificial vai revolucionar o mundo, creando e incorporando sistemas intelixentes no noso día a día. Unha ferramenta que fascina, pero con riscos que desacougan. Os escenarios que se propoñen parecen debuxar un futuro distópico dominado por máquinas e algoritmos. A pregunta é pertinente: unha IA superintelixente é quen de representar unha ameaza contra a especie humana, ou trátase tan só dunha nova revolución tecnolóxica?

Euskadi: dun Estado Autonómico a Federal ou Confederal

Euskadi: dun Estado Autonómico a Federal ou Confederal

Segundo unha recente sondaxe realizada en Euskadi, o 60% dos votantes de Bildu, PNV ou Sumar serían partidarios de maiores cotas de autonomía ou mesmo da independencia, mentres que unicamente no PP a preferencia polo estatus actual supera o 70 %. Pero estas opcións non permiten deslindar de xeito claro preferencias federalizantes doutras de orientación confederal.

Polo ben dos imperios

Polo ben dos imperios

Algúns xacementos de gas recentemente descubertos cuestionan os verdadeiros motivos do xenocidio israelí en Gaza e o apoio de EE.UU. e da UE. Dende o primeiro momento Israel declarou que esas reservas estaban dentro das súas augas económicas e que non dubidaría en utilizar toda a súa forza para protexer o que é seu.

Vasalos, señores, contratos e fútbol

Vasalos, señores, contratos e fútbol

Mentres a constitución do Goberno galego se fai esperar, Alfonso Rueda promete guerra ao Goberno español cunha dirección de Asuntos Constitucionais. Esta defensa da legalidade cadra mal coa renuncia, breve no tempo, do Concello de Ferrol a sacar contratos en galego. Como pílula positiva, o 31 de maio imos ao fútbol coa Selección Galega.

Pasaxes do corpo

Pasaxes do corpo

O desenvolvemento deste programa antropolóxico neoliberal responde a intereses económicos e plans políticos no cadro de produción capitalista. A proposta de superación dos límites e contorno físico do humano, que busca ir máis alá da configuración actual do individuo, confunde o tecnicamente posible co eticamente desexable.

O deseño, fío para contar a historia de Galicia

O deseño, fío para contar a historia de Galicia

O deseño, a concepción da forma, di moito de Galicia e da mudanza da imaxe de si mesma durante a súa historia. “Galicia. Procesos e formas” levou a Matosinhos, Portugal, un percorrido pola nosa historia e pola nosa arte, que se ten convertido nun elemento clave do noso desenvolvemento nas últimas décadas.

A Chanfaina, un laboratorio audiovisual

logo-tempos-exclusivo A Chanfaina, un laboratorio audiovisual

ChanfainaLab, un dos eventos socioculturais máis orixinais e novidosos, celebrou o seu 10ª aniversario cunha nova edición que volveu ter dous grandes tempos: aquel no que se levan a cabo os proxectos audiovisuais nos que converxen cineastas e a veciñanza do lugar, e aqueloutro que se celebrou a mediados de febreiro no que se mostraron ao público os traballos realizados e que contou coa asistencia de cantas persoas conformaron os equipos de produción e realización.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
E digo eu… en abril

E digo eu… en abril

As eleccións galegas abriron unha serie de contendas electorais que teñen a súa próxima parada en Euskadi neste mes de abril. Eis algunhas notas sobre as expectativas que se abren.